O Dépor arranca mañá martes a súa primeira semana ligueira
O Deportivo, que hoxe goza dunha xornada de descanso, arranca mañá martes 23 de agosto a primeira semana de liga en Primera RFEF que concluirá o sábado 27 ás 19:30 coa visita do DUX Internacional de Madrid a ABANCA-RIAZOR.
"Ímonos a preparar para xogar", comentou onte en Arteixo Roberto Olabe ante a pregunta sobre unha non comparecencia do equipo madrileño a este primeiro encontro.
Borja Jiménez dispuxo catro sesións de traballo, tres delas en Abegondo e a última, o venres 26, en ABANCA-RIAZOR, escenario do choque ante o conxunto madrileño.
Cada vez que haxa actividade matinal na Cidade Deportiva, os futbolistas están citados ás 9:00 na instalación para almorzar.
A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:
Martes 23 de agosto 10:30 h. en Abegondo
Mércores 24 de agosto 10:30 h. en Abegondo
Xoves 25 de agosto 10:30 h. en Abegondo
Venres 26 de agosto 19:00 h. en ABANCA-RIAZOR
Sábado 27 de agosto 19:30: Deportivo - DUX Internacional, en ABANCA-RIAZOR