RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor prepara desde esta mañá a visita ao AD Ceuta FC para tentar "gañar alí e punto"

O Deportivo afronta desde esta mañá a última semana de competición de 2022, que concluirá o domingo 18 de decembro ás 12:00 (InSports.tv) no Estadio Alfonso Murube de Ceuta, en partido correspondente á 17ª xornada no grupo 1º de Primera Federación.

Alberto Quiles, en rolda de prensa esta mesma mañá, lembra que visitou ao club ceutí "cando xogaba nos xuvenís do Recre. Non será o mesmo porque era categoría xuvenil, pero sempre é un campo complicado".

O dianteiro andaluz non quere poñer escusas na longa viaxe do sábado en avión a Sevilla, autocar logo a Alxeciras e barco até Ceuta: "Temos que gañar alí e punto".

Para arrancar a semana, Óscar Cano dispuxo hoxe un quecemento, rondos, un exercicio de posición, un partido e fútbol en espazo reducido para concluír.

Isi Gómez completou un adestramento personalizado no ximnasio supervisado polo readaptador Álex Canosa e Raúl Carnero retirouse tamén antes que os seus compañeiros aos vestiarios. Os Servizos Médicos queren coidar ao máximo sobre todo aos futbolistas con máis minutos nas pernas.

Mañá xoves, o Dépor repetirá adestramento en Abegondo a partir das 10:30 horas.