RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Parte médico de Derik e Celso Borges

Os Servizos Médicos do Real Club Deportivo comprobaron que Derik Osede sofre unha rotura do tendón de Aquiles da súa perna dereita.

O central deportivista será intervido cirurxicamente nas próximas horas no Hospital Quirón Saúde da Coruña. Xa Rubén da Barreira temíase o peor na sala de prensa de ABANCA-RIAZOR: "Non pretendo adiantar nada pero non pinta moi ben".

Derik Osede será baixa para o que resta de temporada.

Pola súa banda, Celso Borges sofre unha lesión muscular nos isquiotibiais da súa perna esquerda. O internacional deportivista estará uns días con tratamento médico e de fisioterapia para, en función da súa evolución, pasar á seguinte fase de readaptación física, como paso previo ao seu regreso aos adestramentos co grupo.

O técnico deportivista cre que "poderá estar para acabar a temporada e de cara ao próximo partido veremos, pero será difícil".