Os Servizos Médicos do Real Club Deportivo, á vista das probas médicas realizadas, confirmaron que Raúl Carnero sofre unha lesión muscular no bíceps femoral da súa perna dereita.
O lateral coruñés estará uns días con tratamento médico e de fisioterapia. En función da súa evolución, pasará a continuación á fase de readaptación física, paso previo ao seu regreso aos adestramentos co grupo.