RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Rubén Díez incorporouse esta mañá aos adestramentos co grupo

Despois de dúas xornadas de 'paro' obrigado a consecuencia dunha gastroenterite, Rubén Díez incorporouse esta mañá aos adestramentos no campo 2 de Abegondo.

O atacante branquiazul completou con normalidade toda a sesión, na que non participaron os tres futbolistas con adestramento personalizado a día de hoxe: Raúl Carnero, Antoñito e Pablo Brea, este a consecuencia dunha escordadura de nocello co que acabou onte a mañá.

Dani Barcia e Diego Gómez foron hoxe os representantes de #ANOSACANTEIRA.

Óscar Cano dispuxo, despois dun quecemento con rondos e aceleracións, unha tarefa táctica en forma de partido 11 contra 11 e un repaso ás accións a balón parado.

Mañá venres, o corpo técnico adiantou o horario da última sesión de traballo da semana. Así, os futbolistas están citados ás 9:00 en Abegondo para saltar ao céspede a partir das 10:15 horas posto que nada máis finalizar, os convocados emprenderán viaxe por estrada para visitar ao AD Alcorcón o sábado 14 de xaneiro ás 17:00 (TVG-2 e InSports.tv) no Estadio de Santo Domingo, en choque correspondente á 19ª xornada no grupo 1º de Primera Federación, última da primeira volta.