RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Superados os 20.000 abonos do #Dépor2122

A primeira hora desta tarde superouse a cifra de 20.000 carnés despachados do Dépor 21-22. Son exactamente 20.002 Deportivistas que teñen consigo o abono desta temporada, así como 145 Mascotas Branquiazuis.

Como fixeron no tres últimos días unha vintena de Deportivistas, aínda é posible darse de alta para o que resta de temporada, con desconto respecto ao prezo inicial da campaña e con oferta especial para os máis pequenos (Sub-15).

O horario de apertura da OAD continúa sendo de luns a venres de 10:00 a 13:30 h. e de 16:30 a 19:00 h.

Lembrar tamén que hai unha serie de xestións que se poden realizar comodamente desde calquera lugar a través de dispositivos móbiles e a calquera hora do día pulsando nas seguintes ligazóns:

Renovación abonos 

Alta Nen@ Dépor

Alta Soci@ Amig@

Alta Mascota Deportivista