RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Un Dépor con pleno de efectivos fixa xa a vista en Mérida

O Deportivo comezou esta mañá a preparar a visita á AD Mérida, en partido correspondente á 3ª xornada do grupo 1º de Primeira RFEF no Estadio Romano 'José Fouto', programado finalmente para o domingo 11 de setembro ás 12:00 horas.

Borja Jiménez, tivo hoxe á súa disposición a todo o seu cadro sobre o céspede de cara ao choque ante os estremeños.

Após o almorzo na instalación ás 09:00 e unha sesión de vídeo posterior, o cadro arrincou a sesión con core na bancada de Abegondo, a cuberto da choiva, e un quecemento con rondos xa no campo 2.

A continuación, mentres os preparadores físicos Luis Fandiño e Sergio Roca supervisaron para un grupo un circuíto de forza nese campo, outro grupo completaba unha tarefa táctica. Un exercicio de transicións e fútbol reducido puxeron o punto e final á xornada no céspede.

O único contratempo da mañá protagonizouno Víctor Narro, que se retirou ao vestiario antes que os seus compañeiros ao sufrir unha torcedura do seu nocello esquerdo. Os Servizos Médicos que dirixe o doutor Carlos Lariño estarán pendentes da súa evolución nos próximos días.

Mañá mércores o equipo adestrarase en ABANCA-RIAZOR, a porta pechada, a partir das 10:30 horas.