18 Deportivistas viaxan mañá a Canarias para tratar de facer historia
O Deportivo ABANCA desprázase mañá sábado 18 de maio a Gran Canaria, vía Barcelona.
Manu Sánchez citou ás seguintes xogadoras: Curbelo, Miralles, Michelle Romero, Gaby, Peke, Cris, Nuria, Teresa Abelleira, Patri Díaz, Kika, Erika, Raquel, Yamamoto, Silvia Mérida, Alba Merino, Lía, Patri López e Iris.
Quedan fóra de maneira obrigada, por lesión: Miriam e Laura.
A folla de ruta do Dépor ABANCA é a seguinte:
Sábado 18 de maio 07.00: Saída do voo do Aeroporto da Coruña con destino Barcelona 12:10: Saída do voo de Barcelona con destino Gran Canaria 14:10 (hora local): Chegada e aloxamento no hotel Barceló Occidental Margaridas
Domingo 19 de maio 11:00 (hora local, 12:00 na Península): CD Femarguín - Deportivo ABANCA, no Municipal de Arguineguín
Luns 20 de maio 05:50 (hora local): Saída do voo de Gran Canaria con destino ao Aeroporto de Sevilla 12:35: Saída do voo de Sevilla con destino ao Aeroporto da Coruña 14:05: Chegada aproximada ao Aeroporto da Coruña