Co arranque oficial da nova temporada no fútbol non profesional hoxe 1 de xullo, comezan a definirse os diferentes equipos do Real Club Deportivo para a campaña 2020-2021. No que fai referencia ao Fabril, os primeiros reforzos chegan da propia canteira deportivista co salto de até 9 xogadores xuvenís ao filial branquiazul.
Na portería Alberto Sánchez pasa ao equipo B xunto con Pablo Brea, que regresa da súa cesión no Coruxo FC. O lateral dereito Iván Guerrero e os centrais Álvaro Yuste e Juan Rodríguez (que seguirá sendo xuvenil o próximo ano) tamén terán o seu oco no cadro. No centro do campo serán tres futbolistas: Álex Barba, Miguel Anxo Prendes e Jorge Sarmiento. Yeremay Hernández, Peke (que tamén seguirá sendo xuvenil a próxima temporada), reforzará a dianteira fabrilista.
O inicio da pretemporada do Deportivo Fabril está inicialmente previsto para finais deste mes de xullo.