RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Un firme Dépor ABANCA en Ipurúa suma o seu primeiro punto lonxe de ABANCA-RIAZOR

O Dépor ABANCA (0-0) completa un partido sólido en Eibar cunha nova exhibición de Inês baixo paus e consegue o seu sexto punto da temporada.

Os compases iniciais de choque foron reinados pola igualdade e a balanza da posesión inclinábase cara ás Nosas.

A primeira internada por banda dereita anotoulla Ainhoa, no minuto 2, finalizada cun centro fácil para as mans de Miralles. Aos 19 minutos, Raquel protagonizou o primeiro remate do Dépor-ABANCA ao cabecear con complicacións un centro desde o punto de esquina.

Cris, á media hora de xogo e no que foi a mellor ocasión da primeira parte, puxo un balón ao corazón da área pequena que case provoca un gol en propia meta de Altonaga ao cedelo á súa porteira.

Aos poucos, o cadro local foise reencontrando coa posesión do esférico, creando complicacións na saída de balón coruñesa. Con todo, a primeira metade concluíu sen grandes ocasións.

Á volta de vestiarios, Irene substituíu á amoestada Mariña por Eva Dios. No 56', Inês viuse obrigada a intervir nun disparo de Monnecchi ao seu pau curto, que selou sen problemas. Oito minutos despois, protagonizou un paradón abaixo para evitar o primeiro tanto local.

O cadro local, aumentou a intensidade e no 68 unha nova gran intervención da gardameta portuguesa evitou o gol vasco.

Nos tramos finais, o partido abriuse por completo e as chegadas armeiras se intercalaban con contraataques deportivistas.

A pesar de sumar moitas máis grandes ocasións, a segunda parte saldouse como a primeira, sen goles.

SD Eibar: Miralles, Patri, Amani, Altonaga, Campos (Andrea, min. 62), Pizarro, Camino, Monnecchi, Elba, Mireia, Eider.

Dépor ABANCA: Inês, Vera, Marina ( Eva Dios, min. 46), Paula (Henar, min. 69), Millene (Altuve, min. 90+2), Ainhoa (ADT, min. 80), Raquel, Bárbara (Hmírová, min. 69), F. Lara, Lucía, Cristina.  

Árbitra: Ainara Andrea Acevedo, do comité catalán. Amoestou  a Marina Artero (min. 42), Raquel (min. 63), Pizarro (min. 65) e Arene (min. 74)

Incidencias: Partido correspondente á xornada 7 da liga F fronte á SD Eibar en Ipurúa ante 367 persoas.