O meta fabrilista Pedro López, novidade na lista do Dépor da que cae Álex por dorsalxia
O porteiro fabrilista Pedro López é a novidade na lista de 19 xogadores convocados no Deportivo para o partido de mañá sábado 24 de novembro en ABANCA-RIAZOR ante o Atlético Osasuna (18:00, Movistar Partidazo), correspondente á 15ª xornada en LaLiga 1|2|3.
Natxo González, técnico deportivista, citou nesta ocasión a 3 porteiros debido a que non se adestrou esta mañá Ortolá. Afectado dunha viriasis, quedou hoxe no seu domicilio. Os Servizos Médicos agardarán a súa evolución nas próximas horas para saber se estará ou non en condicións para o encontro.
Quedan fóra da convocatoria de maneira obrigatoria os lesionados Dubarbier, Pedro Sánchez e Álex Bergantiños, que se retirou ao vestiario antes de acabar o adestramento debido a unha dorsalxia.
Os futbolistas, hoxe ademais co porteiro canteirán Ricardo Benjamim, realizaron, após un quecemento, un exercicio de finalizacións, un partido ao ancho do campo e, para concluír, repaso de accións de estratexia.
Após o encontro ante o Atlético Osasuna, o cadro está citada de novo o domingo 25 ás 11:00 en Abegondo.