A pretemporada do Dépor ABANCA sobe de pulsacións con dous novos amigables
A pretemporada do Dépor ABANCA sobe desde mañá luns as pulsacións nunha semana con dous amigables: o mércores 17 ante a SD Eibar de Primeira Federación Feminina e o domingo 21 ante o Viaxes InterRías FF de Segunda Federación Feminina.
Irene Ferreras dispuxo ademais cinco sesións matinais de traballo na Cidade Deportiva.
O corpo técnico branquiazul decidiu adiantar o horario dos adestramentos. Así, en lugar da as 11:00, como viña sendo habitual até agora, o Dépor ABANCA saltará ao céspede da Cidade Deportiva cada día ás 10:00. Desta forma, as futbolistas terán que presentarse en Abegondo ás 08:30 h. cada día.
A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:
Luns 15 de agosto
10:00 h.
Martes 16 de agosto
10:00 h
Mércores 17 de agosto
18:00: Deportivo ABANCA - SD Eibar, no campo de fútbol de Santianes (Colunga, Asturias)
Xoves 18 de agosto
10:00 h.
Venres 19 de agosto
10:00 h.
Sábado 20 de agosto
10:00 h
Domingo 21 de agosto
19:00: Viaxes InterRías FF - Deportivo ABANCA (Trofeo Concello de Sanxenxo), campo Novo San Pedro (Vilalonga, Pontevedra)