RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
RCDEPORTIVO

A selección española feminina, vixente campioa do mundo, regresará a ABANCA-RIAZOR o próximo 16 de xullo ante Bélxica

A selección española feminina, vixente campioa do mundo, regresará a ABANCA-RIAZOR o próximo 16 de xullo para medirse a Bélxica en partido clasificatorio, correspondente á 6ª e última xornada, para a Eurocopa de 2025, segundo aprobou a Xunta Directiva da RFEF reunida esta mesma tarde.

O pasado 4 de outubro de 2019 (na foto da noticia), España recibiu na Coruña a Azerbaiyán no primeiro partido da fase clasificatoria para o torneo continental de 2021. Foi o debut histórico da selección española feminina no Estadio coruñés, con marca de espectadores (máis de 10.000), xusto no mes no que se celebrou o 75 aniversario da súa inauguración.

Esta temporada recentemente concluída (2023-24), o Deportivo ABANCA, camiño da Liga F, disputou un total de 3 partidos de liga en ABANCA-RIAZOR, ante o Deportivo Alavés, CE Europa e Cacereño Feminino, partido este que supuxo o ascenso das Nosas á máxima categoría do fútbol feminino español.