RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ENTRADAS

Á venda na OAD as entradas para os socios do Dépor que desexen asistir ao partido en Huesca

Xa están á venda na Oficina de Atención ao Deportivismo (OAD) do Estadio de ABANCA-RIAZOR na Avenida da Habana s/n as entradas para os socios que desexen animar ao Deportivo este venres 23 de agosto ás 21:30 no Alcoraz ante a SD Huesca.

Será imprescindible que a persoa que adquira as entradas (até 2 por abono e un máximo de 4 por persoa física en despacho de billetes) mostre o DNI orixinal, copia ou imaxe de cada persoa que as vai a utilizar, e que unha delas pertenza á persoa titular do abono.

O club aragonés asignou un total de 189 asentos na bancada visitante con posibilidade de 224 máis. As entradas teñen un prezo de 20 euros e o 40% das mesmas serán xestionadas pola Federación de Peñas.

A data límite será o mércores 21 de agosto ás 19.00. O horario da OAD hoxe luns, mañá martes e o mércores é de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 horas.