RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ENTRADAS

Á venda na OAD para os abonados as entradas para o Granada CF - Deportivo

Xa están á venda na Oficina de Atención ao Deportivismo (OAD) do Estadio de ABANCA-RIAZOR na Avenida da Habana s/n as entradas para os abonados que desexen animar ao Deportivo o sábado 7 de setembro ás 16:15 (LaLiga Hypermotion) no Nuevo Los Cármenes ante o Granada CF.

Será imprescindible que a persoa que adquira as entradas (até 2 por abono) mostre o DNI orixinal, copia ou imaxe de cada persoa que as vai a utilizar, e que unha delas pertenza á persoa titular do abono.

O club andaluz asignou un total de 500 localidades na bancada visitante ao prezo de 20 euros. O 40% das mesmas, un total de 200, serán xestionadas pola Federación de Peñas.

A data límite será o mércores 4 de setembro ás 19.00. O horario da OAD hoxe luns, mañá martes e o mércores é de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 horas.