RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

ABANCA lanza un futbolín coas Nosas como protagonistas

Coincidindo co primeiro partido da nova temporada na liga F entre o Dépor ABANCA e o FC Barcelona, ABANCA, Patrocinador oficial do RC Deportivo, desenvolveu unha homenaxe ás Nosas, creando, fabricando e distribuíndo o primeiro futbolín no que as xogadoras reais teñen a súa figura personalizada.

Cada unha das 22 figuras caracterizáronse para identificarse coas 22 xogadoras reais do Deportivo ABANCA que conseguiu a volta do Club á máxima categoría do fútbol feminino español: 

-Yohana Gómez - Porteira
-Cris Martínez - Lateral dereita
-Samara Ortiz - Lateral dereita
-Henar Muiña - Mediocentro
-Paula Gutiérrez - Mediocentro
-Lucía Martínez - Mediocentro
-Ana De Teresa (ADT) - Dianteira
-Millene Cabral - Dianteira
-Ainhoa Marín - Extremo dereita
- Eva Dios - Mediapunta
-Lucía Alba - Porteira
-Raquel García - Central dereita
-Rosalía Muiño (Lía) - Centrocampista
-Carlota Sánchez - Mediapunta
-Ayaka Noguchi - Mediocentro
-Michi Apóstol - Extremo dereita
-Paula Monteagudo - Mediapunta
-Paula Novo - Defensa
-Carmen Caballada - Mediocentro
-Elena Vázquez - Lateral esquerda
-Noela Sánchez - Dianteira
-Lucía Rivas - Extremo esquerda

Este histórico futbolín estará ao dispor dos afeccionados branquiazuis desde mañá venres na Deportienda de ABANCA-RIAZOR.

O futbolín foi inventado en 1937 polo galego Alejandro Campos Ramírez, baixo o pseudónimo Alejandro Finisterre; e, desde entón, conquistou o mundo converténdose nun dos xogos de mesa máis populares do planeta e en símbolo inequívoco do deporte rei. Case 90 anos despois, volve pensarse, e sucede outra vez en Galicia. 

Tradicionalmente, as figuras do futbolín foron masculinas como sucedeu cos xogadores nos estadios, pero os tempos avanzan en todos os ámbitos. Se as mulleres están a facerse un lugar entre as estrelas do céspede por méritos propios, por que non darlles o sitio que merecen nos futbolines?

O Dépor ABANCA volveu a ser un dos 16 equipos que compiten na temporada 2024-25 na Primera División Feminina de España, (tamén denominada Liga F) nesta 37ª edición organizada pola Liga Profesional Femenina de Fútbol (LPFF). A competición desenvólvese en 30 xornadas que culminarán en xuño de 2025.