RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

O Dépor ABANCA enfrontarase ao Sporting de Gijón na segunda rolda da Copa de la Reina

O Dépor ABANCA enfrontarase ao Sporting de Gijón na segunda eliminatoria da Copa de la Reina, que será tamén a partido único.

Para os emparellamentos aplicouse o criterio de proximidade xeográfica na medida do posible e baseándose na distancia de quilómetros entre os equipos participantes. 

Ao militar o Sporting a pasada temporada en Segunda Federación e, por conseguinte, nunha categoría inferior á do Dépor ABANCA, a eliminatoria xogarase en Mareo.

O resto de emparellamentos é o seguinte:

SE AEM - RCD ESPANYOL DE BARCELONA*
CD ALBA FUNDACIÓN FEMENINO - ALHAMA CF*
CD FERMAGUÍN SPAR GRAN CANARIA - CD GUINIGUADA APOLINARIO*
CÓRDOBA CF - CACEREÑO FEMENINO
DEPORTIVO ALAVÉS - DUX LOGROÑO*
FUNDACIÓN CANARIA CD TENERIFE - CD GETAFE FEMENINO*
ZARAGOZA CF FEMENINO - CD FUNDACIÓN OSASUNA FEMENINO

*partidos nos que mañá martes 17 de setembro ás 13:00 horas decidirase na sede da RFEF que equipo é o local e que equipo é o visitante.

Na primeira rolda, As Nosas apearon ao Atlético Villalonga FF de Segunda Federación (0-1) cun gol de Millene no 94.