RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

O Dépor ABANCA recibe ao Madrid CFF en ABANCA-RIAZOR o 12 de outubro ás 16:00 e visitará á SD Eibar unha semana máis tarde

LaLiga F fixo públicos os horarios da 6ª e 7ª xornada, na que o Dépor ABANCA recibirá ao Madrid CFF e visitará á SD Eibar.

Así, ABANCA-RIAZOR será o escenario do choque entre deportivistas e madrileñas o sábado 12 de outubro ás 16:00 (Dazn) e Ipurúa o do encontro entre eibarresas e branquiazuis o domingo 20 de outubro ás 12:00 (Dazn).

Os horarios dos partidos de Liga F xa confirmados para o Dépor ABANCA son os seguintes:

3ª xornada
Domingo 22 de setembro, 17:00, ABANCA-RIAZOR: Deportivo ABANCA - Real Betis (Dazn)

4ª xornada
Sábado 28 de setembro, 20:30, ABANCA-RIAZOR: Deportivo ABANCA - Athletic Club (Dazn)

5ª xornada
Domingo 6 de outubro, 18:00, Municipal de Badalona: Levante Las Planas FC - Deportivo ABANCA (Dazn)

6ª xornada
Sábado 12 de outubro, 16:00, ABANCA-RIAZOR: Deportivo ABANCA - Madrid CFF (Dazn)

7ª xornada
Domingo 20 de outubro, 12:00, Ipurúa: SD Eibar - Deportivo ABANCA (Dazn)