RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Olaya, primeira das mundialistas en incorporarse aos adestramentos do Dépor ABANCA

Olaya Enrique foi a primeira das dous mundialistas do Dépor ABANCA en incorporarse aos adestramentos en Abegondo. A outra representante branquiazul, Marina Artero, estará xa na Cidade Deportiva este venres posto que no seu caso participou tamén xusto antes do Mundial de Colombia no Campionato de Europa sub-19 de Lituania.

Despois de aterrar onte no Aeroporto da Coruña, Olaya exercitouse esta mañá no ximnasio no seu primeiro día coas Nosas após o seu paso pola selección española sub-20.

Irene Ferreras dispuxo unha xornada con alta carga física con fútbol reducido de cara ao encontro deste domingo 22 de setembro ás 17:00 (Dazn) en ABANCA-RIAZOR ante o Real Betis.

GALERÍA DE FOTOS EN FACEBOOK