RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Á venda as entradas de público para o partido do Dépor ABANCA ante o Real Betis en ABANCA-RIAZOR

Xa están á venda unicamente online en https://bancada.rcdeportivo.es/ as entradas de público ao prezo único de 10 euros para o partido entre o Dépor ABANCA e o Real Betis do domingo 22 de setembro ás 17:00 en ABANCA-RIAZOR correspondente á 3ª xornada da liga F.

Os abonados e abonadas ao Dépor ABANCA tamén poden retirar a súa entrada (gratuíta e obrigatoria) unicamente online tamén en https://bancada.rcdeportivo.es/ .

En primeiro momento están dispoñibles entradas de Tribuna Inferior e iranse abrindo bancadas a medida que se vaian ocupando.

Os abonados e abonadas que non adquirisen o suplemento do Dépor ABANCA (15 euros) poderán acudir á Oficina de Atención ao Deportivismo (OAD) para realizalo.

As persoas que non sexan abonadas ao RC Deportivo poden darse de alta na OAD como socio/a amigo/á o prezo de 50 euros e abonar o citado suplemento de 15 euros que lles permitirá asistir a todos os partidos en casa do Dépor ABANCA.

O horario da OAD é de luns a venres de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 horas.