RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#OSNOSOS

Exercicios nas dúas áreas para un Dépor consciente que "isto acaba de empezar" e que "hai que confiar no que se fai aquí cada día"

Imanol Idiakez dispuxo esta mañá despúes dunha activación de exercicios nas dúas áreas entre os campos 2 e 3 de Abegondo. Primeiro unha tarefa de finalizacións nunha metade de campo e a continuación un exercicio defensivo na outra metade.

Lucas Pérez lembrou na sala de prensa de Abegondo que "isto acaba de empezar. Hai que seguir traballando e manter a tranquilidade"

O capitán fixo un paralelismo coa campaña pasada: "O ano pasado sabemos como empezamos e como acabamos. Hai que ter moita tranquilidade, moita paciencia, confiar no que se fai aquí cada día. A situación é parecida. O ano pasado estivemos nestes postos de descenso e ao final acabamos conseguindo o obxectivo".

Un partido no campo 3 completou a xornada, con todo o cadro sobre o céspede nun día caloroso e asollado.

Mañá xoves, o Dépor continuará a partir das 11:00 coa preparación do partido deste sábado 21 de setembro ás 18:30 ante o Burgos CF (#Vamos).

GALERÍA DE FOTOS EN FACEBOOK