RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Adestramento pospartido no Dépor ABANCA con menos carga para as titulares onte en Copa

As futbolistas titulares onte no partido de Copa de la Reina ante o Atlético Villalonga FF tiveron esta mañá menos carga na sesión de traballo matinal do Dépor ABANCA.

Coa lesionada Henar; ademais de Marina Artero e Olaya enroladas con España no Mundial sub-20; Paula Novo, Carmen, Monteagudo, Elena, Michi Apóstol, Redru, Laura Ruiz e Martina foron as canteirás que estiveron á orde de Irene Ferreras.

Mañá venres 13 de setembro a partir das 11:00 no campo 5 de Abegondo, As Nosas comezarán a preparar a seguinte cita ligueira, de novo lonxe de ABANCA-RIAZOR coa visita ao Atlético de Madrid o domingo 15 de setembro ás 16:00 (Dazn) no Centro Deportivo de Alcalá de Henares.

GALERÍA DE FOTOS EN FACEBOOK