RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Anfal el Yamani reforza o ataque do Dépor ABANCA B

Anfal el Yamani (Ontiyent, Valencia, 12 de setembro de 2003) reforzará ao Deportivo ABANCA B esta temporada 2024-25.

É mediocentro ofensivo aínda que tamén pode actuar de extremo; e procede do Tromsø da Segunda División de Noruega.

Foi precisamente no país escandinavo onde desenvolveu boa parte da súa carreira profesional, ao militar no Byåsen Kvinnefotball e Kil/hemne football da Primera División, cos que sumou 22 partidos e 3 goles.

Na campaña 2021-22 xogou no filial do Rosenborg BK en Segunda División, con 17 partidos e 7 goles.

Anfal el Yamani é internacional marroquí en categoría sub-17, sub-19 e sub-23.