RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
FUNDACIÓN

Abertas as inscricións para a Escola RC Deportivo 2023-2024

O vindeiro luns 2 de outubro arrancará un novo curso, o quinto, da Escola RC Deportivo, cuxo proceso de inscrición ábrese hoxe xoves 7 de setembro, para novas altas, en http://escola.rcdeportivo.es.

Até o momento, desde o pasado luns 24 de agosto estiveron abertas as preinscricións e reserva de prazas para antigos alumnos/as.

Despois do éxito da temporada pasada, con máis de 250 alumnos sumando as 5 sedes, superando de novo todas as cifras de participación, o próximo mes de outubro comezará un novo curso na Escola RC Deportivo nas mesmas 5 sedes: Alvedro, Luis Calvo-Carballo, Outes, Colexio Xesuitinas e Colexio Internacional Eirís.

Esta escola profesional de fútbol está destinada a todos os nenos e nenas que desexen complementar a súa formación de maneira máis específica con adestradores da canteira do RC Deportivo, independentemente do seu nivel de práctica.

As inscricións están abertas desde hoxe xoves na plataforma http://escola.rcdeportivo.es para todos os nenos e nenas entre 6 e 14 anos que desexen participar nesta actividade formativa da Fundación RC Deportivo.

As Escolas RC Deportivo Colexio Xesuitinas e Colexio Internacional Eirís están destinadas a todos os alumnos/as de cada centro que desexen participar e para iso poderán realizar unha preinscrición no propio colexio. Calquera centro que desexe participar ou queira crear unha Escola RC Deportivo dentro do seu programa de actividades pode contactar coa Dirección en escola@rcdeportivo.es.

Os participantes na pasada edición da Escola RC Deportivo que dispoñan do equipamento oficial Kappa e que poidan acudir con el non é necesario que abonen de novo a matrícula e ademais disporán de tarifa con desconto.

Haberá novas actividades, xornadas en Abegondo e sorteos de agasallos. Para unha adecuada atención a todos os participantes as prazas son limitadas. A sede de Alvedro mantén as súas 7 quendas: luns ás 17:30 h. e 18:30 h., mércores ás 17:30 h. e 18:30 h. e venres ás 17:30 h., 18:30 h. e 19:30 h. En caso de ter interese en participar nesta sede é recomendable non demorar a inscrición.

Ademáis destas 5 sedes, na súa nova ubicación da Cidade Deportiva Arsenio Iglesias, na Torre, continúa a súa actividade a Escola RC Deportivo Diversidade Funcional, destinada a todas as personas con diversidade funcional entre 12 o 40 anos que desexen iniciarse no fútbol ou complementar os seus adestramentos de maneira máis específica con adestradores do equipo Genuine do RC Deportivo. Tamén conta esta sede cun novo horario, os mércores de 17:00 h. a 18:00 h.

Toda a información acerca de tarifas, horarios, que inclúe a actividade, etc... pode consultarse en http://escola.rcdeportivo.es.

Para calquera dúbida ou consulta acerca da actividade así como calquera problema co proceso de inscrición poden contactar coa organización no correo electrónico escola@rcdeportivo.es.

O manual de instrucións para inscribirse pode consultarse e descargarse aquí.