Abertos este sábado desde as 16:30 os despachos de billetes do Palacio dos Deportes para incidencias de abonados e abonadas; e desde as 17:00 as portas de ABANCA-RIAZOR
Este sábado 7 de decembro, día do partido ante o Real Zaragoza en ABANCA-RIAZOR (18:30), abrirán os despachos de billetes do Palacio dos Deportes de Riazor desde as 16:30 pero unicamente para atender incidencias de abonados e abonadas.
Xa que o encontro foi declarado de alto risco pola Comisión Estatal contra a Violencia, o Racismo, a Xenofobia e a Intolerancia no Deporte non se venderán en despacho de billetes entradas de público, que unicamente estarán dispoñibles en calquera momento en bancada.es.
Os prezos oscilan entre os 150 euros da nova Tribuna Inferior VIP (con acceso a catering) e os 30 euros de Marathón Superior, Marathón Inferior, Pavillón Superior e Pavillón Inferior.
Así mesmo, as portas do Estadio ABANCA-RIAZOR abrirán ás 17:00, unha hora e media antes de que arrinque o encontro.
Ademais, xa está operativa tamén a posibilidade de que as socias e os socios liberen os seus asentos en caso de non poder acudir a ABANCA-RIAZOR nesta ligazón.