RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Acceso a ABANCA-RIAZOR de persoas con cita previa posterior á disputa dos primeiros partidos

Ante o inminente inicio da temporada e dada a gran demanda de xestións a realizar na Oficina de Atención ao Deportivismo durante as próximas semanas coa competición xa en marcha, o RC Deportivo non quere deixar a ningunha persoa, futura socia do Club, sen a posibilidade de gozar dos dous primeiros partidos do equipo en ABANCA-RIAZOR os días 27 de agosto e 3 de setembro.

Por iso, cada Deportivista que solicitase Cita Previa antes do venres 26 de agosto ás 20.00 horas e que pechase unha cita para ser atendido na Oficina de Atención ao Deportivismo entre o 29 de agosto e o 16 de setembro, se desexa asistir aos primeiros partidos de liga e aínda non dispón do seu carné, poderá comprar a través da web: https://bancada.rcdeportivo.es/ ou nos despachos de billetes do Palacio dos Deportes de Riazor o día de partido desde as 16:30 h., unha entrada cuxo importe será descontado no momento de tramitar o seu abono.

Para poder solicitar este desconto será imprescindible:

  • Adquirir a entrada na mesma bancada do abono
  • Presentar a entrada no momento da alta do abono
  • Unicamente poderase descontar unha entrada por partido celebrado con anterioridade a tramitar o abono
  • A entrada debe estar ao mesmo nome que a persoa titular do abono, pola contra non poderá ser descontada do importe do mesmo:

    - en caso de compra en liña debe indicar os datos da persoa titular do abono
    - en caso da compra presencial debe indicar este feito ao persoal de ticketing mostrando o DNI

  • Se adquiriu unha entrada e non indicou os seus datos non se poderá descontar sobre o prezo do abono.

O RC Deportivo quere agradecer de novo a cada Deportivista o seu compromiso co Club e pedir desculpas a cantos se ven afectados por esta situación causada pola extraordinaria resposta da afección e a incapacidade temporal, técnica e humana, de atender a máis persoas ao día nas oficinas do Estadio ABANCA-RIAZOR, que ampliará a súa capacidade de atención durante os próximos días para poder dar servizo ao maior número de Deportivistas posible.

Desde o 19 de setembro xa non será necesario ter cita previa para facer xestións na Oficina de Atención ao Deportivismo.