RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Adrián Guerrero, deportivista até xuño de 2028

Adrián Guerrero Mouriz (Ferrol, 15 de febreiro de 2006) asinou a súa renovación co Dépor até xuño de 2028.

Este dianteiro, ao que aínda lle queda unha temporada como xogador xuvenil, xa debutou co Fabril en Segunda Federación a pasada temporada, participando en 2 partidos.

No seu equipo, o Xuvenil A de División de Honra, xogou na liga pasada un total de 27 partidos, 17 deles como titular, e anotou 11 goles.

Adrián Guerrero é un futbolista formado en Abegondo posto que chegou ao Benxamín B do Club (hoxe Fabril FC Benxamín) e, por conseguinte, pasou por todas as categorías de #ANOSACANTEIRA.