Anquela: "Estou plenamente convencido no que estamos a facer e que imos saír desta"
Juan Antonio Anquela manifestou esta mañá na sala de prensa de Abegondo que "nuns partidos estivemos moi preto e noutros moi lonxe" ao Deportivo que el quere. "Temos que dar un paso cara a adiante, e estou convencido que o imos a dar", engade.
De cara ao encontro de mañá xoves en Montilivi ante o Girona FC (21:00 horas, GOL) lembra que Stuani, dianteiro local, "é un futbolista de Primeira División. Fixo moitos goles a temporada pasada en Primeira". Para frealo, "a única solución é ser un equipo desde o primeiro até o último, para o bo e para o malo. Estamos preparados para competir e para levar a cabo as cousas que traballamos en cada día e en cada adestramento".
Do Girona FC destaca o seu cadro, que é "excepcional. Pero isto é Segunda División. E en Segunda División para ser superior a calquera rival hai que demostralo no campo cada día".
Recalca que "cos futbolistas que temos dispoñibles son cos que vou a matar. O único que podo dicir é agradecemento a todo o mundo porque para min ser adestrador do Dépor é o máis grande que me pasou en moito tempo. E teño que defendelo a matar. E teño claro que o vou a defender. Estou plenamente convencido no que estamos a facer e en que imos saír desta. Non me cabe a menor dúbida".
Ve ao vestiario "ben. O equipo está forte. Cada día que adestramos saímos con toda a forza do mundo. O único que fai falta é plasmar ese traballo que facemos, que é moi bo, nunha vitoria".
Con cita mañá fóra da Coruña, é consciente que "se miras os últimos partidos, xogamos mellor fóra que en ABANCA-RIAZOR. Pero a min gustaríame xogar en ABANCA-RIAZOR porque o ambiente é precioso. E nós estamos en débeda coa nosa xente".
Finalmente, a nivel persoal apunta Juan Antonio Anquela que ten "a mesma ilusión que o primeiro día".