RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Anquela: "O empate sábenos a pouco. Merecemos máis"

Juan Antonio Anquela manifestou na sala de prensa de ABANCA-RIAZOR que "é evidente que o empate nos sabe a bastante pouco. Merecemos máis".

O técnico deportivista confesou non estar preocupado polo seu futuro: "Eu o único que teño que facer é traballar como o fago todos os días. Vivo por e para isto. A min non me regalaron no fútbol absolutamente nada. E a miña ilusión é a mesma desde o primeiro día. O único que estou é un pouco triste porque o traballo que fixeron os meus futbolistas non se recompensou cos puntos que teriamos que conseguir".

Subliña que "a min o que me demostrou este Club é unha confianza en min tremenda. E nós non lle correspondemos, porque os resultados aí están. Pero traballar non deixamos de traballar nin un día. A cabeza sempre a levaremos alta porque esta é a nosa profesión e amámola, respectámola. E logo o que teña que ser no fútbol, o que sexa".

Insiste en que é "unha persoa gañadora, que quere ver o que hoxe vin en moitas fases no meu equipo, un equipo intenso, xogando ben ao fútbol. Nós facemos cousas para xogar ao fútbol. Unhas veces sae e outras veces non. Hoxe fixemos un partido relativamente bo, cunha mochila que levamos nas pernas dos futbolistas que pesa moito, que se chama responsabilidade ante os poucos puntos que temos".

Pola súa banda, Pedro Emanuel, técnico do UD Almería, opina que o seu equipo "traballou moi ben, moi competentes, moi organizados. Sabiamos que era importante ter o control emocional do partido e que o equilibrio ía ser a tónica dominante".

Valorou positivamente o punto sumado e destacou que o Dépor "é un equipo moi forte aquí en ABANCA-RIAZOR coa súa afección".