Anquela prepara ao Dépor cun exercicio táctico para o partido do xoves en Montilivi
Juan Antonio Anquela dividiu esta mañá ao cadro do Deportivo en dous grupos co obxecto de realizar un exercicio táctico no campo 2, de cara ao encontro deste xoves 3 de outubro en Montilivi ante o Girona FC (21:00 horas, #Vamos).
Así, mentres un grupo realizaba un roldo no campo 3, o outro grupo executaba no campo anexo as instrucións do técnico deportivista, que apenas conta con tempo para urdir o plan de xogo ante o cadro catalán.
O traballo sobre o céspede concluíu con partidos de fútbol-tenis.
David Simón, Somma e Koné tiveron un adestramento específico no ximnasio; mentres que os fabrilistas Gandoy, Mujaid e Boian estiveron hoxe co primeiro equipo.
Mañá, o cadro adestrarase a partir das 10:30 horas en Abegondo. Ao finalizar, Juan Antonio Anquela dará a lista de convocados que pola tarde se desprazarán a Girona, vía Barcelona.