RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Antía Veiga regresa de novo á selección española sub-16 para uns adestramentos

Antía Veiga (Ames, 9 de maio de 2009) regresa á selección española sub-16 para uns adestramentos que terán lugar en Los Ángeles de San Rafael (Segovia) do luns 12 ao mércores 14 de febreiro.

A gardameta orzanista estivo a pasada semana nunha concentración en Madrid con este combinado nacional, na que mesmo disputou 30 minutos nun amigable ante o Madrid CFF B de Primera Federación Iberdrola.

Antía Veiga colle así a substitución doutros canteiráns que se atopan no radar das categorías inferiores da selección española como David Mella, Kevin Sánchez, Pablo García, José Rei, Elena Vázquez ou Lucía Rivas.