Aprazado o partido do Deportivo ABANCA por COVID-19 no Atlético de Madrid
O partido correspondente á 25ª xornada de liga na Primera Iberdrola entre o Atlético de Madrid e o Deportivo ABANCA, previsto para mañá sábado 3 de abril ás 12:00 na Cidade Deportiva Wanda Alcalá de Henares foi aprazado por casos de COVID-19 no conxunto madrileño.
O Xuíz de Competición da RFEF fixará agora unha nova data para a celebración do partido.
O equipo branquiazul adestrouse esta mañá en Abegondo e xa estaba a piques de saír por estrada cara a Madrid cando recibiu o aviso por parte do conxunto colchoneiro e a Real Federación Española de Fútbol.
Coa suspensión do partido, Manu Sánchez programou un novo adestramento mañá sábado 3 de abril ás 10:30 h. en Abegondo.