RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

As entradas para o Dépor ABANCA - FC Barcelona tanto para socios como para público, ben online ou ben no despacho de billetes desde mañá domingo ás 16:00

Para celebrar o retorno das Nosas á máxima categoría do fútbol feminino nacional, os abonados e abonadas ao Dépor ABANCA poderán retirar, ademais da súa obrigatoria para acceder ao estadio, 1 entrada de acompañante online en https://bancada.rcdeportivo.es/ para o partido ante o FC Barcelona, correspondente á 1ª xornada, previsto para mañá domingo 8 de setembro ás 18:00 horas en ABANCA-RIAZOR.

Tamén están á venda as entradas de público en https://bancada.rcdeportivo.es/  ao prezo único de 15 euros.

Mañá domingo estarán abertos tamén os despachos de billetes do Palacio dos Deportes de Riazor desde as 16:00 horas.