RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

As Mascotas Deportivistas poderán visitar #ANOSACASA

Esta temporada o RC Deportivo activou unha nova modalidade de asociación co Club a través das Mascotas Deportivistas.

Cun prezo de 25 euros, o carné, coa foto incluída, outórgalle á Mascota Deportivista o seu propio número de socia. Ademais, con este abono ten descontos e vantaxes en distintos servizos do sector que se irán convertendo en establecemento “para Mascotas Deportivistas” e que se irán anunciando persoalmente por correo electrónico. Ademais o 15% do prezo do abono irá destinado a protectoras de animais da Coruña: APADAN, Gatocan e SOS Pelines.

Polo momento son 132 as Mascotas Deportivistas con carné que, desde este mes de xaneiro, teñen tamén a posibilidade de visitar #anosacasa, a súa casa. Todas as Mascotas Deportivistas poderán acceder a ABANCA-RIAZOR unha vez por temporada, en horario de apertura da Oficina de Atención ao Deportivista (de luns a venres de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 h.) e acceder á bancada do Estadio para facerse unha foto desde a bancada de Preferencia. Para iso é necesario pedir cita previa na web: http://citaprevia.rcdeportivo.es/ e acudir na hora solicitada presentando o carné da Mascota Deportivista. Por motivos de organización deportiva (adestramentos, partidos do primeiro equipo entre semana) ou da instalación as citas poderían sufrir cambios, debéndose solicitar unha nova cita. Só poderá acceder pola porta da OAD a Mascota titular do carné xunto a un máximo de dúas persoas ao seu cargo e o acceso será, acompañado por persoal do RC Deportivo, exclusivamente ás bancadas do Estadio, non podendo pisar o perímetro do terreo de xogo nin o céspede. A foto deberá realizarse cun dispositivo propio das persoas ao seu cargo.

As Mascotas con carné 1 e 2 do RC Deportivo, Lola e Oso, xa tiveron a súa oportunidade de visitar #ANosaCasa, como desde hoxe poderán facer o resto de Mascotas co seu abono do Club.

Se es Deportivista e a túa mascota tamén, aquí podes darche de alta como Mascota Deportivista da Temporada 2021-2022: https://despacho.rcdeportivo.es/altas-mascota/