RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

As vitorias hoxe do Alevín A e Benxamín A abren unha mini xornada en #ANOSACANTEIRA, con só cita para 5 equipos esta semana

Os triunfos esta tarde en partidos adiantados ao fin de semana do Alevín A sobre o Imperátor OAR (15-0) e do Benxamín A sobre a Compañía de María (0-14) abriron unha mini xornada en #ANOSACANTEIRA, posto que non teñen competición o Orzán SD Xuvenil Femenino, Orzán SD B sub-16 Femenino, Orzán SD Cadete Femenino, Orzán SD Cadete Femenino, Orzán SD Infantil A Femenino, Orzán SD Infantil B Femenino, Xuvenil B, Cadete, San Tirso SD Cadete, Infantil e San Tirso SD Infantil.

Tanto os alevíns como os benjamines branquiazuis lideran os seus respectivos grupos.

Xa a fin de semana, só teñen competición oficial 5 equipos.

O sábado, ademais do Fabril FC Alevín na Torre e do Fabril FC Benxamín en Betanzos, o Xuvenil A recibe ao Coruxo FC antes de encarar os cuartos de final da Copa del Rey, en Mallorca o 14 de febreiro ás 19:00 en Son Babiloni.

Os branquiazuis, que caeron a pasada fin de semana de maneira inxusta en Santander ante o líder, buscan sumar os 3 puntos para engancharse de novo á pelexa pola liga.

A xornada do sábado complétaa a participación do Alevín A no Memorial Luis Quijada na área Deportiva Puente Castro de León.

O domingo xogan na Cidade Deportiva os dous filiais.

Despois de dous empates consecutivos ante Marino de Luanco e Arandina CF, o Fabril recibe ao CD Covadonga ás 17:00 (Youtube RC Deportivo).

O Club mantén activo o protocolo de apertura con rexistro de asistentes da Cidade Deportiva.

Poden retirar entradas dispoñibles, até esgotar aforamento e sen ningún custo adicional, todos os socios e socias do RC Deportivo que o tramiten formalmente a través da web bancada.rcdeportivo.es, na que deberán introducir a súa ID de socio e os 4 últimos números do DNI. A continuación, seleccionar unha localidade libre na bancada e posteriormente completar os seus datos de contacto e a dirección de correo electrónico onde recibir a entrada.

Con eses mesmos datos doutras persoas socias, unha única pode retirar máis dunha entrada nunha soa xestión e, deste xeito, seleccionar asentos contiguos ou próximos.

Este procedemento ten dous fins: poder solicitar e recibir a entrada e, ademais, levar un control de repartición e localización na instalación.

O RC Deportivo solicita que unicamente tramiten a entrada aqueles socios e socias que vaian poder acudir aos partidos, para evitar que queden afeccionados sen poder asistir unha vez completado a repartición do aforamento nun proceso 100 % telemático.

As socias e socios terán prioridade para a retirada da súa entrada gratuíta até o venres 9 ás 23:59. A partir dese momento, se houbese aforamento aínda dispoñible, habilitarase simultaneamente o sistema de venda de entradas para o público en xeral, a través da mesma plataforma en bancada.rcdeportivo.es e seguindo o preceptivo sistema de rexistro e pago de localidade. O prezo de cada entrada para afeccionados sen carné do RC Deportivo é de 10 euros.

Antes, ás 11:30, o Dépor ABANCA B mídese ao Lóstrego CF, un equipo da zona alta de Tercera Federación FutFem.

As deportivistas son segundas na táboa e esperan recortar diferenzas co líder, o Real Avilés CF.

Por outra banda, Rodrigo, Íker Fernández, Nico Ruiz, Miguel de Labra e Pablo García do Cadete; e Mauro do San Tirso SD Cadete foron convocados pola selección galega sub-16 para a Fase de Plata do Campionato de España que se xogará en Cádiz do venres 9 ao domingo 11 de febreiro.

Mentres que Lucas López, Eder Vilas, Nico Naveiras, Raúl Lema, Roi Castro e Sergio Cortizo, do Infantil branquiazul; e Antón Vilariño e Hugo Ferreiros, do San Tirso SD Infantil están citados pola selección galega sub-14 para disputar a citada Fase de Plata do Campionato de España en Cádiz.

Finalmente a gardameta orzanista Antía Veiga repetirá adestramentos coa selección española sub-16 esta vez en Los Ángeles de San Rafael (Segovia) do luns 12 ao mércores 14 de febreiro.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Categoría feminina
19ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B - LÓSTREGO CF, o domingo 11 de febreiro ás 11:30 en Abegondo
Clasificación da Tercera Federación FutFem: 1. Real Avilés CF, 50 puntos; 2. Deportivo ABANCA B, 38 puntos; 3. Olímpico de León, 37 puntos; 4. Sárdoma CF e Lóstrego CF, 34 puntos...

Clasificación da Primera Autonómica: 1. Bergantiños CF, 38 puntos; 2. Orzán SD Xuvenil Femenino e Lóstrego CF B, 37 puntos; 4. SD O Val, 34 puntos...

Clasificación da Segunda Autonómica, subgrupo 1º: ... 10. UC Cee, 25 puntos; 11. Orzán SD B sub-16 Femenino, 21 puntos; 12. Silva SD e Cultural Maniños, 19 puntos; 14. UD Santiso FC, 14 puntos...

Clasificación a Liga Galega, subgrupo 1º: 1. Orzán SD Cadete Femenino, 51 puntos; 2. Victoria CF, 48 puntos; 3. Escuela FB Amistade, 42 puntos...

Clasificación da Liga Galega, subgrupo 1º: 1. Orzán SD Infantil A Femenino, 47 puntos; 2. Victoria CF (un partido menos), 46 puntos; 3. Racing de Ferrol (un partido menos), 40 puntos... 11. Sporting Burgo, 14 puntos; 12. Orzán SD Infantil B Femenino, 11 puntos; 13. AD Cristo Rey, 10 puntos; 14. Club Rosalía Mera, 6 puntos...

Segunda Federación
22ª xornada: FABRIL - CD COVADONGA, o domingo 11 de febreiro ás 17:00 en Abegondo
Clasificación: ... 11. Real Avilés Industrial, 26 puntos; 12. Racing Villalbés, 25 puntos; 13. Fabril, 24 puntos; 14. RS Gimnástica de Torrelavega e CD Cayón, 20 puntos... 17. CD Covadonga, 16 puntos...

Categoría xuvenil
20ª xornada: XUVENIL A - CORUXO FC, o sábado 10 de febreiro ás 17:30 en Abegondo
Clasificación da División de Honra: 1. Real Racing Club, 46 puntos; 2. Real Oviedo, 42 puntos; 3. RC Celta, 40 puntos; 4. Xuvenil A, 39 puntos; 5. SD Compostela, 29 puntos... 16. Coruxo FC, 12 puntos

Clasificación da Liga Nacional: 1. Xuvenil B, 55 puntos; 2. RC Celta B, 51 puntos...

Categoría cadete
Clasificación da División de Honra: 1. Cadete, 55 puntos; 2. RC Celta, 49 puntos... 9. CD Lugo, 27 puntos; 10. Coruxo FC, 24 puntos; 11. San Tirso SD Cadete e Pabellón Ourense CF, 22 puntos; 13. CD Areosa, 20 puntos...

Categoría infantil
Clasificación da División de Honra: 1. Infantil, 51 puntos; 2. RC Celta, 46 puntos... 8. Arosa SC e Escola Fútbol DSF, 23 puntos; 10. San Tirso SD Infantil, 22 puntos; 11. CD Conxo Santiago e UD Santa Mariña, 18 puntos...

Categoría alevín
14ª xornada: ALEVÍN A 15 (Álvaro Gómez -3-, Nacho Villanueva -3-, David Gómez -2-, Jorge Fernández -2-, Sergio Fernández -2-, Hugo Luaces, Brais Martínez e Hugo Macedo) - IMPERÁTOR OAR 0
14ª xornada: FABRIL FC ALEVÍN - SILVA SD, o sábado 10 de febreiro ás 13:30 na Torre (campo 1.2)
Clasificación da Primera A Coruña de fútbol 8, subgrupo 1º: 1. Alevín A (un partido máis), 42 puntos; 2. Fabril FC Alevín, 34 puntos... 8. Silva SD, 7 puntos...

Memorial Luis Quijada, na área Deportiva Puente Castro de León
Sábado 10 de febreiro
Primeira Fase (campo 1)
12:00: ALEVÍN - SD PONFERRADINA
13:00: CD PARQUESOL - ALEVÍN A
15:30: ALEVÍN A - ATLÉTICO BEMBIBRE
16:30: EQUIPO FASE PREVIA - ALEVÍN A
17:20: EQUIPO FASE PREVIA - ALEVÍN A

O domingo 11 de febreiro xogarase a Fase Final

Categoría benxamín
Amigable (onte martes): BENXAMÍN A 2 (Mateo Songo'o e Jorge Víboras) - URAL ESPAÑOL CF (alevín) 6
14ª xornada: COMPAÑÍA DE MARÍA 0 - BENXAMÍN A 14 (Alberto Novo -5-, Mateo Songo'o -3-, Adrián Liñares -3- e Diego Castelo -3-)
Clasificación da Primera A Coruña de fútbol 8, subgrupo 1º: 1. Benxamín A (un partido máis), 36 puntos; 2. Victoria CF, 30 puntos...

14ª xornada: BETANZOS CF - FABRIL FC BENXAMÍN, o sábado 10 de febreiro ás 12:00 no Carregal (Betanzos)
Clasificación da Primera A Coruña de fútbol 8, subgrupo 2º: 1. Fabril FC Benxamín, 39 puntos; 2. ED Luis Calvo Sanz, 30 puntos... 5. Betanzos CF, 18 puntos...