RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Beto da Silva, novo xogador do Dépor 2019-2020

Luiz Humberto da Silva Silva, "Beto da Silva" (Lima, Perú, 28 de decembro de 1996), converteuse hoxe en novo xogador do Real Club Deportivo. O internacional peruano chega ao Deportivo cedido até final de temporada por Tigres UANL dentro da operación de cesión de Diego Rolan ao fútbol mexicano.

26 partidos co PSV sub-21, 25 na liga peruana, 12 na brasileira e 11 na mexicana, sumando case un centenar en competicións profesionais, con 14 goles e 8 asistencias, compoñen as estatísticas dun xogador que, desde que iniciou a súa carreira no Sporting Cristal peruano, pasou tamén por Grêmio de Porto Alegre, Argentinos Juniors, Tigres UANL e Lobos de Puebla. A iso hai que unir 25 partidos coas diferentes seleccións peruanas, 6 deles coa absoluta.

Beto da Silva será o terceiro peruano en vestir a camiseta branquiazul, despois de Óscar Montalvo (123 partidos e 33 goles entre 1962 e 1967) e William Huapaya (26 partidos e 4 goles entre 1982 e 1984).