RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
FUNDACIÓN

Boa fin de semana para o Dépor Genuine en Burgos

O Dépor Genuine viaxou esta fin de semana a Burgos para participar na 3ª fase de LaLiga Genuine 2022-2023. Nesta xornada o equipo branquiazul disputou tres encontros na Cidade Deportiva de Castañares. O sábado mediuse ao Levante UD pola mañá e ao Real Zaragoza pola tarde, mentres que na matinal do domingo o rival foi o Alavés.

Os resultados do Dépor foron os seguintes:

DÉPOR - LEVANTE: 2-1
1° parte: 0-0
2° parte: 0-1
3° parte: 2-0 (Mamadou e Álex Rey)
4° parte: 3-1 (Saúl, Álex Rey e Miguel)

ZARAGOZA - DÉPOR: 0-2
1° parte: 0-0
2° parte: 0-3 (Mamadou e Álex Rey -2-)
3° parte: 0-2 (Miguel -2-)
4° parte: 3-3 (Lugrís, Tom e Dani Granell)

ALAVÉS - DÉPOR: 3-1
1° parte: 2-0
2° parte: 1-0
3° parte: 2-0 (Xosé e Saúl)
4° parte: 2-0

Estes mercadores súmanse aos logrados polo Dépor Genuine na 1ª fase en Tarragona:

DÉPOR GENUINE 3 - REAL SPORTING DE GIJÓN 1
FUNDACIÓN ALBACETE 2 - DÉPOR GENUINE 0
CD LUGO 1 - DÉPOR GENUINE 3

E na 2ª fase en Bilbao:

REAL VALLADOLIDI 1 - DÉPOR GENUINE 0
DÉPOR GENUINE 3 - UD IBIZA 1
DÉPOR GENUINE 1 - CA OSASUNA 2

Con estes resultados, o Dépor Genuine atópase 7º, con 19 puntos, no Grupo RESPECTO dunha competición da que este ano forman parte 44 equipos.

A 4ª Fase xogarase en Vilarreal, na Cidade Deportiva Pamesa, os próximos 9, 10 e 11 de xuño 2023.

O equipo branquiazul conta esta temporada co patrocinio de Vales e Asociados, Duacode e Fundación San Rafael.