RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Borja Granero, titular hoxe, asegurou atoparse "moi ben" e Héctor cre que "o vestiario necesitaba esta vitoria"

Borja Granero e Héctor Hernández pasáronse pola sala de prensa de ABANCA-RIAZOR finalizado o choque ante o filial valisoletano.

O central deportivista confesou a nivel individual sentirse "cómodo. Para min foi hoxe importante despois dun tempo sen participar e de facelo o día de Copa, que me veu moi ben a verdade. Atopeime moi ben, na miña liña".

Borja admite sobre o partido que "nos custou un pouquiño máis ao principio axustar a presión. Fomos máis arriba que outros días, acumulamos máis xente en ataque na última liña. A partir do minuto 20, 25 estivemos ben".

Asume no entanto no seu regreso ao once que non xogar "forma parte do meu traballo. Eu sempre quero xogar. Non coñezo a ningún futbolista que non queira xogar pero vai no noso traballo: uns xogan e outros teñen que esperar. Doulle naturalidade a iso. Eu sempre quero xogar pero traballo igual cando xogo e cando non".

Pola súa banda, Héctor Hernández fai do partido "unha lectura positiva. Non é fácil gañar, sobre todo meter tres goles e ter a oportunidade de facer algún máis. Na primeira parte estivemos menos cómodos, axustamos un par de cousas ao descanso e saíu ben".

O lateral deportivista confesa que a alegría foi maior no vestiario de ABANCA-RIAZOR após o partido porque "viñamos de dous empates. A semana pasada a sensación non foi moi boa. Todo o equipo tiña ganas de que chegase esta semana para enfrontarnos ao Valladolid e volver ter esa sensación positiva".

Héctor destaca que o desta tarde foi "outro partido máis con portería a cero e tres goles máis a favor. Un partido menos, seguimos con catro puntos sobre o segundo e a sensación é moi positiva".

Así mesmo, lembra que o Dépor é "campión de inverno. O vestiario necesitaba esta vitoria e proba diso é que rapidamente fomos a favor no marcador". "As cousas están a facerse ben, somos líderes, avantaxamos en catro puntos ao segundo", insiste o defensor branquiazul.