Borja Jiménez non continuará como adestrador do RC Deportivo
O RC Deportivo comunicou esta mañá a Borja Jiménez Sáez que non continuará como adestrador do Dépor. Tampouco continuará na estrutura do Club o segundo adestrador Alejandro Martínez.
O RC Deportivo quere agradecer moi sinceramente a Borja e Álex a súa aposta e traballo durante o último ano e 49 partidos oficiais á fronte do equipo Deportivista, desexándolles toda a sorte a nivel persoal e nos seus futuros proxectos profesionais.