Borja Valle e Samuele Longo reciben a alta médica ao finalizar o adestramento de hoxe
Borja Valle e Samuele Longo recibiron esta mañá a alta médica e, por conseguinte, están a disposición de Juan Antonio Anquela para o partido de mañá domingo 29 de setembro (21:00 horas, Movistar LaLiga 1) en ABANCA-RIAZOR ante o CD Mirandés.
Adestráronse á marxe do grupo David Simón, Somma, Jovanović e Koné; e Christian Santos retirouse na metade do adestramento cunha molestia nos isquiotibiais, pendente de avaliación médica nas próximas horas.
Esta mañá, unicamente co fabrilista Boian, após un quecemento con rondos e unha tarefa de velocidade, o técnico deportivista dispuxo dun exercicio de finalizacións, un partido e, para concluír, repaso de accións de estratexia baixo a supervisión de Alejandro Esteve.
Mañá domingo, o cadro realizará un último adestramento a porta pechada en ABANCA-RIAZOR a partir das 12:00 horas.