Borja Valle e Vicente Gómez reciben o alta e entran na lista de convocados para recibir ao Elche CF
Ao finalizar o adestramento desta mañá en Abegondo, Borja Valle e Vicente Gómez recibiron a alta médica e entraron na lista de 18 xogadores convocados para o partido de mañá venres 12 de outubro (21:00 horas, Gol e LaLiga 1|2|3 TV) ante o Elche CF en ABANCA-RIAZOR, correspondente á 9ª xornada en LaLiga 1|2|3.
Caen da convocatoria de maneira obrigatoria os lesionados Fede Cartabia e Dubarbier; ademais de Quique González, sancionado; e de Didier Moreno, concentrado con Colombia.
Na sesión desta mañá en Abegondo, após un quecemento e unha tarefa de remates a portería, Natxo González, técnico deportivista, dispuxo un partido ao ancho do campo, un exercicio de automatismos de ataque e, para concluír, ensaio de accións a balón parado, especialmente faltas laterais e saques de banda.
Os futbolistas convocados concéntranse mañá venres ao mediodía no Hotel Meliá María Pita, á espera do partido.
Tralo encontro ante o Elche, o cadro adestrarase de novo en Abegondo o luns 15 de outubro ás 18:00 horas.