RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Calendario da fin de semana en ANOSACANTEIRA, con dous partidos hoxe no Monte e cita para o Fabril o domingo en Zamora

O calendario de partidos en #ANOSACANTEIRA abrírono dous partidos hoxe venres no Monte.

O San Tirso SD Cadete logrou (1-0) ante o Atlético Coruña Montañeros CF a súa sétima vitoria consecutiva na División de Honra.

E o Infantil, líder da División de Honra infantil, impúxose (1-6) a un San Tirso SD Infantil con xogadores un ano menores en idade aínda que asentado na zona tranquila da táboa.

En canto ao resto de categorías sobresae o domingo o partido do Fabril ante un dos poderosos, o Zamora CF.

Os fabrilistas, que caeron (1-3) o pasado domingo co Ourense CF en Abegondo, chegan ao Estadio Ruta de la Plata en 13ª posición da táboa en Segunda Federación con 27 puntos.

Será baixa segura Kevin Sánchez, expulsado ante os ourensáns por dobre amarela. Outro dos dianteiros, Martín Ochoa, arrastra unhas molestias nos isquiotibiais que xa lle impediron xogar ante o Ourense CF e que de momento lle obriga a adestrar á marxe.

Antes, mañá sábado a atención está centrada no partido do Xuvenil A, en loita polo título da División de Honra, no campo principal de Abegondo ante o CD Covadonga.

O choque ante os asturianos arrincará ás 16:30 e será retransmitido en directo pola canle de Youtube do RC Deportivo.

Manuel Pablo non poderá contar con Álex Delgado, que foi convocado pola selección venezolana sub-20 para uns adestramentos desde mañá sábado ao próximo venres 8 na cidade de San José en Costa Rica.

O Club ten activado o protocolo de apertura con rexistro de asistentes da Cidade Deportiva.

Poden retirar entradas dispoñibles, até esgotar aforamento e sen ningún custo adicional, todos os socios e socias do RC Deportivo que o tramiten formalmente a través da web bancada.rcdeportivo.es, na que deberán introducir a súa ID de socio e os 4 últimos números do DNI. A continuación, seleccionar unha localidade libre na bancada e posteriormente completar os seus datos de contacto e a dirección de correo electrónico onde recibir a entrada.

Con eses mesmos datos doutras persoas socias, unha única pode retirar máis dunha entrada nunha soa xestión e, deste xeito, seleccionar asentos contiguos ou próximos.

Este procedemento ten dous fins: poder solicitar e recibir a entrada e, ademais, levar un control de repartición e localización na instalación.

O Club solicita que unicamente tramiten a entrada aqueles socios e socias que vaian poder acudir aos partidos, para evitar que queden afeccionados sen poder asistir unha vez completado a repartición do aforamento nun proceso 100 % telemático.

A xestión pode realizarse desde a publicación desta nota informativa e até completar o aforamento. As socias e socios do RC Deportivo terán prioridade para a retirada da súa entrada gratuíta até esta noite ás 23:59. A partir dese momento, se houbese aforamento aínda dispoñible, habilitarase simultaneamente o sistema para o público en xeral, a través da mesma plataforma en bancada.rcdeportivo.es e seguindo o preceptivo sistema de rexistro.

Ademais do Alevín A e dos benxamínn, mañá sábado xoga en Abegondo o Cadete, á fronte da División de Honra, ante o UD Ourense (11:30); mentres que o Xuvenil B, líder da Liga Nacional, visita na Grela 1 ao Ural Español CF (12:15).

Para o domingo, co Fabril en Zamora, o Alevín mídese ao UC Cee (12:00) no campo Sampaio de Refoxos na 2ª xornada do Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11.

Así mesmo, o RC Deportivo está representado polo Fabril FC Alevín (na foto da noticia) nun torneo que se disputa esta fin de semana en Macedonia del Norte.

O trofeo conmemora o 20 Aniversario do FC Kumanovo, club da cidade que leva o seu nome, segunda do país balcánico após a capital, Skopie.

Os seus rivais na Primeira Fase son o FC Kumanovo Eurosport (Macedonia del Norte), NK Brinje Grosuplje (Eslovenia) e KHS Malta (Malta).

Finalmente haberá descanso para os equipos femininos de #ANOSACANTEIRA debido á celebración en Murcia da Fase de Oro e de Plata do Campionato de España por autonomías para a selección galega sub-17 e sub-15 respectivamente.

As deportivistas Sara Cercido e Lucía Rivas; coas orzanistas Noelia Mayo, Laura Santos e Emma Gandoy están coa selección galega sub-17, hoxe derrotada (2-5) ante Madrid na primeira xornada; mentres que Antía Veiga, Claudia Sande e Daniela Macedo foron convocadas pola selección galega sub-15.

Así pois, non haberá liga para o Dépor ABANCA B, Orzán SD Xuvenil Femenino, Orzán SD B sub-16 Femenino, Orzán SD Cadete Femenino, Orzán SD Infantil A Femenino e Orzán SD Infantil B Femenino.

Unha categoría feminina que está de novo de parabén pola convocatoria de Elena Vázquez e de Lucía Rivas para uns adestramentos coa selección española sub-17 do luns 4 ao mércores 6 de marzo en Las Rozas (Madrid).

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Categoría feminina
Clasificación da Tercera Federación FutFem: 1. Real Avilés CF, 57 puntos; 2. Deportivo ABANCA B, 47 puntos; 3. Olímpico de León, 40 puntos...

Clasificación da Primera Autonómica: 1. Bergantiños CF, 44 puntos; 2. Orzán SD Xuvenil Femenino, 43 puntos; 3. Lóstrego CF B, 40 puntos...

Clasificación da Segunda Autonómica, subgrupo 1º: ... 9. Brexo Lema SD, 30 puntos; 10. UD Carral, 28 puntos; 11. Orzán SD B sub-16 Femenino, 27 puntos; 12. Silva SD e Cultural Maniños, 19 puntos...

Clasificación da Liga Galega cadete, subgrupo 1º: 1. Orzán SD Cadete Femenino, 57 puntos; 2. Victoria CF, 51 puntos...

Clasificación da Liga Galega infantil, subgrupo 1º: 1. Orzán SD Infantil A Femenino, 53 puntos; 2. Victoria CF (un partido menos), 52 puntos; 3. Racing de Ferrol (un partido menos), 46 puntos... 10. Arzúa FCF, 20 puntos, 11. Sporting Burgo (un partido menos), 17 puntos; 12. Orzán SD B sub-16 Femenino, 14 puntos; 13. AD Cristo Rey, 11 puntos... 

Segunda Federación
25ª xornada: ZAMORA CF - FABRIL, o domingo 3 de marzo ás 17:30 no Estadio Ruta de la Plata
Clasificación: 1. Ourense CF, 50 puntos; 2. Pontevedra CF e Zamora CF, 49 puntos... 9. Coruxo FC, Marino de Luanco e Real Valladolid Promesas, 29 puntos; 12. Real Oviedo Vetusta, 28 puntos; 13. Fabril, Racing Villalbés e RS Gimnástica de Torrelavega, 27 puntos; 16. CD Cayón, 22 puntos...

Categoría xuvenil
23ª xornada: XUVENIL A - CD COVADONGA, mañá sábado 2 de marzo ás 16:30 en Abegondo (campo principal)
Clasificación da División de Honra: 1. Real Racing Club, 53 puntos; 2. Xuvenil A e Real Oviedo, 48 puntos; 4. RC Celta, 47 puntos; 5. SD Compostela, 38 puntos... 10. CD Covadonga, 26 puntos...

24ª xornada: URAL ESPAÑOL CF - XUVENIL B, mañá sábado 2 de marzo ás 12:15 na Grela 1 (A Coruña)
Clasificación da Liga Nacional: 1. Xuvenil B, 61 puntos; 2. RC Celta B, 55 puntos... 

Categoría cadete
22ª xornada: CADETE - UD OURENSE, mañá sábado 2 de marzo ás 11:30 en Abegondo
22ª xornada: SAN TIRSO SD CADETE 1 (Héctor) - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF 0
Clasificación da División de Honra: 1. Cadete, 61 puntos; 2. RC Celta, 52 puntos... 8. Salgueiriños CF, 32 puntos; 9. San Tirso SD Cadete (un partido máis), 31 puntos... 16. UD Ourense, 14 puntos...

Categoría infantil
20ª xornada: SAN TIRSO SD INFANTIL 1 (Pablo Barral) - INFANTIL 6 (Picallo, Raúl, Gabri, Nikolay e Sergio Cortizo -2-)
Clasificación da División de Honra: 1. Infantil (un partido máis), 58 puntos; 2. RC Celta, 50 puntos... 9. Escola Fútbol DSF, 26 puntos; 10. San Tirso SD Infantil (un partido más), 23 puntos; 11. UD Santa Mariña, 22 puntos; 12. CD Conxo Santiago, 18 puntos...

Categoría alevín
Trofeo Conservas Calvo de fútbol once, grupo norte, 2ª xornada: UC CEE - ALEVÍN, o domingo 3 de marzo ás 12:00 no campo Sampaio de Refoxos (Cee)

17ª xornada: ALEVÍN A - CD CALASANZ, mañá sábado 2 de marzo ás 12:30 na Torre (campo 2.2)
17ª xornada: IMPERÁTOR OAR - FABRIL FC ALEVÍN, o mércores 6 de marzo ás 20:00 en San Pedro de Visma (campo 1)
Clasificación da Primera A Coruña de fútbol 8, subgrupo 1º: 1. Alevín A (xa campión), 48 puntos; 2. Fabril FC Alevín, 40 puntos; 3. CD Calasanz, 36 puntos... 10. Imperátor OAR, 0 puntos

Trofeo 20 Aniversario do FC Kumanovo, en Kumanovo
Primeira Fase
Venres 1 de marzo
NK BRINJE GROSUPLJE 0 - FABRIL FC ALEVÍN 1 (Miguel Candal)
FC KUMANOVO EUROSPORT 0 - FABRIL FC ALEVÍN 3 (Thiago López -2- e Hugo Álvarez)

Sábado 2 de marzo
15:00: FABRIL FC ALEVÍN - KHS MALTA

Os dous primeiros de grupo disputarán as semifinais o domingo 3; mentres que o resto participará nunha fase de consolación para determinar a posición final no torneo.

Categoría benxamín
17ª xornada: ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF - BENXAMÍN A, mañá sábado 2 de marzo ás 9:30 na Torre (campo 2.1)
Clasificación da Primera A Coruña de fútbol 8, subgrupo 1º: 1. Benxamín A, 39 puntos; 2. Victoria CF, 36 puntos; 3. Atlético Coruña Montañeros CF, 33 puntos...

17ª xornada: UD CARRAL - FABRIL FC BENXAMÍN, mañá sábado 2 de marzo ás 11:00 no Municipal Borja Rodríguez Ans (Carral)
Clasificación da Primera A Coruña de fútbol 8, subgrupo 2º: 1. Fabril FC Benxamín (xa campión), 48 puntos; 2. ED Luis Calvo Sanz, 34 puntos; 3. UD Carral, 31 puntos...