RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Calendario de ANOSACANTEIRA feminina, con #ONOSODERBI entre o Dépor ABANCA B e o RC Celta como choque destacado

#ONOSODERBI entre o Dépor ABANCA B e o RC Celta do sábado 26 de outubro ás 12:30 en Abegondo é o partido estrela da fin de semana en ANOSACANTEIRA feminina.

As branquiazuis, que golearon a pasada fin de semana en León ao Olímpico (0-4), chegan ao choque como líderes da categoría con 1 punto de vantaxe sobre as leonesas e con 3 sobre as celestes.

Unha do baixas do filial é a de Elena Vázquez, concentrada coa selección española sub-17 no Mundial da República Dominicana.

Ademais deste encontro que acapara a atención do fútbol feminino galego, xóganse outros 3 partidos o sábado 26 en ANOSACANTEIRA feminina.

O Orzán SD Cadete visita ao Sporting Burgo (20:00); e xogan como locais ás 16:00 o Orzán SD Infantil A na Torre ante o Santa Cruz CF e o Orzán SD Infantil B en San Pedro de Visma fronte ao Silva SD.

Pechan a xornada o domingo 27 ás 16:00 na Torre os partidos do Orzán SD Sub-21, líder da Primera Autonómica, ante o Victoria FC B; e o do Orzán SD Xuvenil ante o Orillamar SD.

O calendario de partidos é o seguinte:

Terceira Federación
8ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B - RC CELTA, o sábado 26 de outubro ás 12:30 en Abegondo
Clasificación: 1. Deportivo ABANCA B, 19 puntos; 2. Olímpico de León, 18 puntos; 3. RC Celta e Sárdoma CF, 16 puntos...

Primera Autonómica
7ª xornada: ORZÁN SD SUB-21 - VICTORIA FC B, o domingo 27 de outubro ás 16:00 na Torre (campo 2)
Clasificación: 1. Orzán SD Sub-21, 16 puntos; 2. RC Celta B, 15 puntos; 3. SD O Val, 14 puntos... 7. Victoria FC B, 10 puntos...

Segunda Autonómica
7ª xornada: ORZÁN SD XUVENIL - ORILLAMAR SD, o domingo 27 de outubro ás 16:00 na Torre (campo 1)
Clasificación: 1. SCD Pastoriza e Xallas FC, 16 puntos; 3. Sporting Burgo, 15 puntos; 4. Orzán SD Xuvenil, 14 puntos; 5. UD Carral, Brexo Lema SD e SD Tordoia, 13 puntos... 15. Orillamar SD, 1 punto...

Liga Galega cadete
5ª xornada: SPORTING BURGO - ORZÁN SD CADETE, o sábado 26 de outubro ás 20:00 no campo da Lavandeira (O Burgo, Culleredo)
Clasificación: 1. Racing de Ferrol, 12 puntos; 2. CD Narón, 10 puntos; 3. Victoria CF (un partido menos) e Orzán SD Cadete (un partido menos), 9 puntos... 11. Sporting Burgo, 1 punto

Liga Galega infantil
5ª xornada: ORZÁN SD INFANTIL A - SANTA CRUZ CF, o sábado 26 de outubro ás 16:00 na Torre (campo 1)
5ª xornada: ORZÁN SD INFANTIL B - SILVA SD, o sábado 26 de outubro ás 16:00 en San Pedro de Visma (campo 2)
Clasificación: 1. Victoria CF e Orzán SD Infantil A, 12 puntos; 3. SCD Milagrosa, 9 puntos; 4. CD As Pontes, 7 puntos; 5. Orzán SD Infantil B, 6 puntos; 6. Santa Cruz CF, 4 puntos... 9. Silva SD, 3 puntos...