RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Amigable de Ainhoa Marín con España sub-23 ante Italia esta tarde ás 17:00 en Las Rozas

Ainhoa Marín Martín é a representante do Deportivo ABANCA na concentración da selección española sub-23, que esta tarde ás 17:00 mídese a Italia na Ciudad del Fútbol de Las Rozas (Madrid) nun amigable.

Na lista inicial do combinado español estaba tamén a deportivista Olaya Enrique, que finalmente quedou na Coruña a consecuencia dunhas molestias musculares na súa coxa dereita.

Ainhoa Marín regresará á Coruña ao terminar o encontro.