As xogadoras do Deportivo ABANCA Oriana Altuve e Michi Apóstol están concentradas coa selección venezolana de fútbol para disputar dous partidos amigables neste parón ligueiro.
Ambos os choques serven de preparación para a Copa América que se celebrará en Ecuador do 12 de xullo ao 2 de agosto.
O primeiro deses partidos foi esta próxima madrugada en España ante Tailandia no Centro de Alto Rendemento da Federación Mexicana en Ciudad de México.
Oriana Altuve foi titular e anotou no minuto 80, desde o punto de penalti, un dos 2 goles do seu equipo: 2-0.
Nada máis transformar a pena máxima, a dianteira do Dépor ABANCA foi relevada por Dayana Rodríguez.
Pola súa banda, Michi Apóstol seguiu o choque desde o banco e non chegou a saltar ao terreo de xogo.
O próximo amigable de Venezuela será fronte a México na cidade de Zacatepec, este sábado ás 23:45 (hora galega).
O calendario de partidos de Oriana Altuve e Michi Apóstol, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:
Xoves 24 de outubro VENEZUELA 2 - TAILANDIA 0
Sábado 26 de outubro 23:45 (hora galega): MÉXICO - VENEZUELA, no Estadio Agustín Coruco Díaz de Zacatepec
O martes 29 de outubro Oriana Altuve e Michi Apóstol regresarán á Coruña.