Imanol Idiakez cre que o partido ante o Levante UD foi "unha gran lección. Xogamos contra un señor equipo, un equipo que tamén tiña baixas, que tiña problemas no mediocampo e pasáronnos por encima, coméronnos". Non ten ningunha dúbida o preparador deportivista de que "isto non se vai a volver repetir".
Asegura que "a responsabilidade máxima do que pasou é miña. Seguramente exporía o partido fatal. Vou asumir a miña e a deles".
Explica que "esperabamos un equipo que nos puidese atacar pola situación, por xogar en casa; e entendiamos que con Lucas, Mella e Yeremay podiamos ter transición; e con 3 por dentro podiamos igualar. Pero dá igual os debuxos se a actitude é esa, se cada duelo é para eles, se non hai disputas, se non metes pata, se non disputas o balón parado, sen os mínimos..."
Conclúe que "xogamos unha primeira parte malísima. Son responsable por todas as decisións que tomei. Na segunda parecemos máis nós".
O técnico deportivista insiste en que "fomos unhas auténticas nais en todo o campo. Regalamos, deixamos, concedemos... Así neste nivel non se pode xogar".
Finalmente aclara a substitución no lateral dereito coa entrada de Petxarroman por Ximo Navarro: "En todos os postos temos dobrados. Entendín que 3 partidos tan preto seguramente iamos correr algún risco con Ximo. Petxa está a adestrar a un magnífico nivel e decidimos sacalo. Fixo un bo traballo".