RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Calendario dos amigables esta semana en ANOSACANTEIRA, o primeiro deles este mércores para o Fabril en Vilalba

Nova semana de pretemporada en ANOSACANTEIRA cun novo equipo que se suma este mércores 31 de xullo aos adestramentos, o Xuvenil B, campión da Liga Nacional.

O equipo de Miguel Figueira únese así ao Dépor ABANCA B e ao Xuvenil A, que o sábado terá o seu primeiro test de pretemporada en Val do Dubra.

Tamén este mércores 31 o Fabril (na foto do pasado sábado en Arteixo), xa con máis días de rodaxe, disputará un novo amigable de pretemporada.

O seu rival será o CD Lugo de Primera Federación no campo da Magdalena de Vilalba a partir das 19:30 horas.

Óscar Gilsanz citou aos seguintes futbolistas: Rodrigo, Hugo Ríos, Samuel, Quique Teijo, Marotías, Aarón, Álex Pereira, Hugo Torres, Íker Vidal, Pablo Parada, Carreira, Jaime Garrido, Noé, Álex Alfaro, Manu Ferreiro, Álex Delgado, Guerrero, Nájera, Javi, Hugo Villaverde, Luisao, Rubén Fernández e Domínguez.

Son baixa por lesión Vilela, Mardones e Dylan.

Até a data, nos seus dous primeiros exames de pretemporada, o Fabril derrotou ao Silva SD en Abegondo (1-0) e ao Atlético Arteixo (0-3) en Ponte dos Brozos, no Memorial Lisardo Campos.

O calendario de amigables desta semana é o seguinte:

Segunda Federación
CD LUGO - FABRIL, mañá mércores 31 de xullo ás 19:30 no campo da Magdalena (Vilalba)
FABRIL - BERGANTIÑOS CF, o sábado 3 de agosto ás 11:30 en Abegondo

Categoría xuvenil
DUBRA SD (Preferente Autonómica) - XUVENIL A, o sábado 3 de agosto ás 19:00 no campo da Telleira (Val do Dubra)