Carlos Rosende, novo Secretario Técnico do Real Club Deportivo
Carlos Rosende Mosquera (A Coruña, 17 de maio de 1988) é, desde hoxe, o novo Secretario Técnico do Real Club Deportivo.
Licenciado en Dereito e ADE, Rosende veu desenvolvendo o seu traballo na área de captación do Deportivo desde 2019, converténdose nun profundo coñecedor da estrutura e os cadros da canteira do Club, ademais de analista de referencia do mercado Sub-23 e senior da Segunda División B, nun traballo con resultados xa visibles e recoñecido dentro e fóra do propio Deportivo.
Con esta incorporación faise un movemento que reforza a aposta pola canteira do Dépor e pola "promoción interna se o talento atópase en casa" como sinalou o presidente do Club, Antonio Couceiro, no seu primeiro encontro co Fabril e na súa rolda de prensa de presentación.
O nomeamento de Carlos Rosende prodúcese após o acordo de rescisión alcanzado esta mañá con Alfonso Serrano, até hoxe Secretario Técnico Deportivista, que xa tiña un acordo para incorporarse a outro club após dez meses vinculado ao proxecto do Real Club Deportivo 2020-2021 en Segunda División B.