Catro coruñeses, Álex Bergantiños, Trilli, Aroa Guerra e Carlota Sánchez, reparten ilusión mañá no Hospital Materno Infantil
Catro futbolistas coruñeses, Álex Bergantiños, Trilli, Aroa Guerra e Carlota Sánchez, serán os encargados mañá martes 3 de xaneiro a partir das 13:30 de repartir agasallos e ilusión aos máis pequenos no Hospital Materno Infantil Teresa Herrera da Coruña.
Despois de varios anos suspendida por mor da pandemia, a Fundación RC Deportivo retoma esta actividade que sempre está marcada en vermello no calendario de #ANOSAFORZA.