RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Celso Borges recibiu hoxe a alta médica no regreso aos adestramentos

O Deportivo regresou esta mañá en Abegondo aos adestramentos coa mente xa centrada na visita do Marino de Luanco a ABANCA-RIAZOR deste domingo 4 de abril ás 19:00 horas (TVG). Será a primeira xornada do grupo 1D por dúas prazas para a próxima temporada en Primeira RFEF.

Celso Borges completou con normalidade outra sesión co grupo e recibiu a alta médica. O mediocentro deportivista non puido acudir á chamada da súa selección, Costa Rica, nesta xanela de partidos internacionais debido a unha lesión muscular da que está agora recuperado.

Así pois, só Héctor, Miku e Derik tiveron hoxe adestramento específico co readaptador do primeiro equipo, Fran Molano.

Cos canteiráns Adri Castro, Pablo Brea, Juan Rodríguez, Guille Bueno e Brais, Rubén da Barreira dispuxo após un quecemento con rondos dun exercicio de posesión, unha tarefa táctica e fútbol reducido, de alta intensidade, para concluír no céspede. Nesta última parte do traballo xa non estivo Borja Granero, de acordo cos Servizos Médicos.

Mañá xoves 1 de abril, o Dépor adestrarase en ABANCA-RIAZOR a porta pechada a partir das 10:30 horas.